Saturday 27 de April de 2024

Tarde de fábula na biblioteca de Ordes


Coellos, elefantes, ratos, ras, raposos, leóns…. As Tardes de contos e lendas encheron a biblioteca municipal de Ordes de todos estes animais, verdadeiros protagonistas de todos os contos e fábulas que se contaron na tarde de onte. Un espectáculo narrativo e literario no que os nenos e nenas que acudiron tiveron o seu protagonismo ao formar parte activa nel. Coas Tardes de contos e lendas o Concello de Ordes quere facilitar unha primeira aproximación dos máis novos e novas co mundo da literatura así como coa biblioteca municipal.